Redacción 24/07/2020

O novo Espazo Estrella Galicia centralizará este ano as actividades na Leira do Río, onde só se poderá acceder con entrada. Óliver Laxe, un dos cineastas galegos máis internacionais, protagonizará os Coloquios na Leira.

 

O director de cine Óliver Laxe, un dos de maior prestixio internacional, e o coñecido músico Hendrick Rover, fundador do mítico grupo Los Deltonos, serán dous dos principais convidados na XVII edición do Festival de Cans, que ten previsto celebrarse entre o 2 e o 5 de setembro. Debido á normativa vixente, a organización decidiu reformular os espazos do festival, para gañar en comodidade, seguridade, hixiene e cumprir as normas de distanciamento social. Unha das principais novidades, será o novo Espazo Estrella Galicia da Leira do Río, onde terán lugar todos os coloquios e actuacións musicais.

Este espazo, unha zona de máis de 2.000 metros cadrados cedida pola Asociación de Veciños de Cans, terá unha carpa aberta que poderá acoller un máximo de 300 persoas sentadas separadas, que deberán acceder cunha entrada, e todas as actividades rematarán antes da medianoite.

Novo proxecto de Laxe

O director Oliver Laxe será este ano o protagonista do Coloquio na Leira, no mediodía do sábado, 5 de setembro. A ollada de Oliver Laxe é unha das máis celebradas nos últimos anos no panorama do cinema europeu actual.  Director do aclamado filme “O que Arde”, premiado en Cannes e gañador de dous Goyas.  En Cans falará de cine, pero tamén do seu novo proxecto para promover un gran espazo cultural vinculado ó cine, nunha zona rural dos Ancares, idea que enlaza con moitas das bases do Festival de Cans.

Laxe chega ó Espazo Estrella Galicia da Leira do Río, para manter co público o encontro central do Festival, tomando o relevo doutros directores de prestixio como Rodrigo Sorogoyen, Fernando Trueba ou Gracia Querejeta, que pasaron por Cans nos último s anos.

Na tardiña dese mesmo sábado, 5 de Setembro, o Espazo Estrella Galicia da Leira do Río, acollerá o concerto de Hendrick Rover e Los Míticos GTS, a nova banda do mítico líder de Los Deltonos, un dos músicos máis respectados da escena rock independente. Coa súa nova formación, Rover segue desenvolvento unha interesante traxectoria musical, co blues como fina capa de fondo.  Tras a actuación de Rover, procederase á gala de entrega de premios e posterior peche do festival.

Tanto para o coloquio de Oliver Laxe, como para a actuación de Hendrick Rover, será necesario acceder cunha entrada. O acceso ó coloquio está vencellado ás entradas das proxeccións matinais a concurso, e o acceso á actuación musical está vencellado ás proxecións de tarde. O  festival non programará ningunha actividade de acceso libre para facilitar que o aforo poida estar regulado en todo momento, xa que o recinto estará rodeado por un valado.

O “escudo protector” sobre as persoas maiores, a reducción de jalpóns e de aforos nos mesmos ou a eliminación dos concertos nocturnos no Torreiro, así como un reforzo estricto na seguridade e nas medidas sanitarias, son as medidas que decidiu tomar o festival para intentar facer un evento controlado e seguro.

Packs de entradas á venda este luns 27 de xullo

As entradas para a edición máis exclusiva de Cans estarán á venda desde as 9,00 horas da mañá do luns 27 de xullo na tenda online do Festival, tenda.festivaldecans.com.  Só sairán á venda 200 abonos de mañá e outros 200 de tarde. As entradas matinais darán acceso ó coloquio de Oliver Laxe e as entradas de tarde á actuación de Hendrick Rover. A posteriori, só se venderían as entradas que sobrasen.

O autobús a Cans só subirá, tanto de mañá como de tarde, un tope máximo de persoas vinculadas á compra de entrada ou que estrean rexistradas ou acreditadas,  e non se facilitará na aldea ningún espazo para parkings.

Deste este luns 27 e ata o día 8 de agosto, venderanse dous tipos de oferta de packs: o matinal consta dunha entrada, camiseta, chapa, programa  e asistencia a un coloquio, custa 20€ máis gastos de xestión. O pack de tarde inclúe entrada,  camiseta, chapa , programa, e acceso a  coloquios , gala e concerto . O seu prezo será de 25€.  Se sobrase alguna entrada logo da venda dos packs, a partir do 8 de agosto poñeranse á venda por separado, tanto para proxecións, como para coloquios ou actuacións musicais.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad