Redacción 24/07/2020

O Punto Limpo de Tui conta cun contedor específico para a recollida de xiringas e agullas de uso domiciliario

 

 

Dende esta semana o Punto Limpo, situado en Guillarei, conta cun contedor para a recollida xiringas e agullas de uso domiciliario. Aqueles pacientes que por tratamentos diversos precisan empregar agullas e xiringas dun só uso poden depositalas no Punto Limpo. Para iso deberán solicitar cita previa no 629 70 64 36 e cando acudan comunicar ao persoal desta instalación o tipo de material que van depositar, de tal xeito que lles achegará o contedor correspondente para que eles mesmos o poidan depositar no interior.

 

Deste xeito o Concello de Tui continua a brindar servizos entorno a recollida de lixo, neste caso prestando a recollida deste tipo de produtos.

 

Convén recordar que o Punto Limpo abre de luns a venres de 8.30 a 14 h e os sábados de 9 a 13 h, pero sempre solicitando cita previa no 629 70 64 36.

 

Por outra parte lémbrase que tanto as luvas coma as máscaras débense tirar ao lixo no interior dunha bolsa depositada a súa vez na bolsa do lixo dirixida ao contedor verde.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad