Redacción 10/06/2020

As matrículas poderán realizarse ata o 30 de setembro

 

 

A Escola da Banda de Música Popular de Tui abre a matrícula para o curso 2020/2021, ata o 30 de setembro, aínda que se poderán inscribir alumnos fora deste prazo de forma excepcional e de acordo coa dispoñibilidade do centro.

As matrículas poderán realizarse na escola, no Centro Cultural Vello de Guillarei-Tui, a carón do CEIP de Guillarei, ou ven a través da páxina de facebook: “Escola da Banda de Música Popular de Tui”, onde poderán cubrir o impreso da matrícula. Tamén poderán descargalo e envialo por correo electrónico a: escola.bmptui@gmail.com ou entregalo a calquer profesor.

Quen teña algunha dúbida poderá chamar ou enviar un WhatsApp ó seguinte número: 626 907 666 ou escribir ó correo anteriormente mencionado. A oferta formativa deste ano académico abrangue as seguintes materias de carácter colectivo: Música e Movemento (menores de 8 anos), Linguaxe Musical, Linguaxe Musical para Adultos; de carácter individual: Oboe, Frauta, Clarinete, Saxofón, Trompeta, Trompa, Trombón, Bombardino, Tuba, e Iniciación ao Piano. Contamos con profesores titulados.

Todas estas materias contan con prezos populares e horarios flexibles.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad