Sthela Táboas 09/05/2020

O reparto foi entre as familias que así o solicitaron, a delegada territorial, Corina Porro, e o xefe provincial da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional entregaron esta semana 50 novos equipos

Os criterios de reparto veñen consensuados coas direccións dos centros, que se encargan de entregalos directamente ás familias, priorizando ás de menos recursos. Ademais dos portátiles con conectividade que enviou a Amtega, tamén se distribuíron tabletas e portátiles que estaban dispoñibles nos centros educativos. A dotación deste equipamento forma parte do paquete de medidas que puxo en marcha a Xunta para facilitar o seguimento en liña da actividade educativa

A Xunta de Galicia, en colaboración cos centros educativos dos catorce concellos que integran a área territorial de Vigo, entregou desde a suspensión da actividade educativa presencial un total de 1.934 ordenadores entre as familias que así o solicitaron, priorizando aquelas con menos recursos.

Trátase da suma dos ordenadores que xa lle enviou a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) a cada centro da área, xunto cos equipos que tiñan tanto os propios centros educativos como os Centros de Formación e Recursos do Profesorado e que se puxeron a disposición das familias que o precisasen.

As familias reciben os equipos como préstamo persoal para facilitarlles aos seus fillos o seguimento da actividade educativa, mentres dure a suspensión das clases presenciais.
Cómpre ter en conta, ademais que os alumnos que participan no programa E-Dixgal dispoñen tamén neste curso de portátiles cedidos pola Xunta de Galicia.

Así o recordou a delegada da Xunta en Vigo, Corina Porro, quen xunto ao xefe territorial da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, César Pérez Ares, fixeron entrega esta semana na sede autonómica do Goberno en Vigo dunha nova partida de 50 ordenadores aos directores dos CEIP vigueses de López de Vega, Celso Emilio Ferreiro e Chans de Bembrive.

Trátase de 50 novos portátiles que responden ás necesidades especificadas polos propios centros escolares, que se encargan como vén sendo habitual desde o principio das entregadas dos equipos de entregalos ás familias, priorizando aquelas con menos recursos co obxectivo de que os nenos e nenas escolarizados nestes centros podan continuar coa súa formación docente. 

Neste senso, insisten desde o departamento autonómico que os criterios de reparto responden en exclusiva ás peticións realizadas polos propios centros educativos que son os que coñecen de primeira man as necesidades especificas das familias ás que atenden; mentres que desde a xefatura territorial procurouse dar unha resposta o máis áxil posible respecto a este material. Aínda con todo, se seguirán a canalizar as peticións que se van recibindo e ás que se espera atender á maior brevidade posible. Ata o de agora todas recibiron resposta aos equipos solicitados.

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad