Concurso de debuxo co galo das Letras Galegas do Concello do Porriño
Debido o estado de alarma dende a Concellería de Cultura anima a infancia do Porriño cun concurso de Debuxo.
Neste ano 2020 o autor homenaxeado é Ricardo Carballo Calero, dende o Concello do Porriño, a través da Concellería de Cultura e Normalización Lingüística, quere animar a todas as nenas e nenos á participar no concurso “DEBUXA CELEBRANDO O DÍA DAS LETRAS GALEGAS”. Todos aqueles debuxos publicados serán agasallados cun lote de libros.
Cada debuxo debe estar titulado e de temática relacionada co Día das Letras Galegas.
Dadas as actuais circunstancias excepcionais que estamos a pasar e tendo en conta que neste momento os nenos e nenas están nas casas coas súas familias, “parécenos que esta é unha actividade que ao tempo que entretén, axuda ao coñecemento desta celebración tan significativa en Galiza”, segundo valorou Camila Moreira, concelleira de Cultura e Normalización Lingüística.
As bases de participación pódense consultar no seguinte enlace coa páxina web do departamento de Cultura do Concello.
http://ecultura.net/debuxa-celebrando-o-dia-das-letras-galegas/

