Redacción 24/04/2020

A tramitación do Plan Especial de Protección do Conxunto Histórico Artístico de Tui, PEPCHA, entra na fase final

 

A próxima semana o equipo redactor entregará o documento incorporando as suxestións realizadas pola Dirección Xeral de Costas no seu informe sectorial favorable, o derradeiro destes documentos que estaba pendente.

Unha vez se conte co Plan xa con estas últimas modificacións será levado a Xunta de Goberno para a súa aprobación provisional. Logo o documento remitirase á Consellería de Medio Ambiente Territorio e Vivenda que disporá dun prazo de dous meses para informar o PEPCHA. Por último, será o pleno da corporación municipal de Tui o que deba dar aprobación definitiva.

Laureano Alonso, concelleiro de Patrimonio, agarda que o Plan poida estar definitivamente aprobado entre xullo e setembro. Isto suporá explica “un avance importante para a rehabilitación no conxunto histórico e brindará seguridade xurídica para todos”

 

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad