Redacción 24/04/2020

Dende a agrupación afirman que non se fixeron as cousas con transparencia, información e coa participación dos colectivos afectados

 

Ofrecemos todo o noso apoio nesta primeira fase da crise, pero a xestión ten que facerse sempre con total transparencia e facendo partícipe ao resto da corporación de todas as medidas e decisións que se tomen seguindo as pautas dadas dende o goberno estatal.

A semana pasada manifestamos o noso malestar pola ausencia de reunións ou plenos nos que o goberno municipal rinda contas da súa xestión e das medidas adoptadas e o resto dos grupos poidamos achegar propostas. Pedimos explicacións de xeito formal pola Sede Electrónica do Concello e nun comunicado á prensa e en redes sociais e convócannos informalmente e sen orde do día a unha reunión para o luns 27, todo isto a través do wahtsapp por parte do Xefe de Gabinete.

Ao longo destas semanas imos sabendo pola prensa e as redes sociais da compra duns pen drive para que as rapazas e rapaces poidan conectarse ás súas clases en liña dende a casa, do custe da entrega de artigos de primeira necesidade a algunhas familias que están a pasalo mal e ata sabemos dunha posible partida económica para apioar á hostelería e o comercio da nosa vila. Da partida anunciada para o comercio e hostelería, a única información da que dispoñemos é a facilitada por representantes destas actividades económicas que están a vivir unha situación moi difícil e sen perspectivas de que poida cambiar ata dentro de moito tempo.

Nin un documento, nin unha negociación con asociacións ou colectivos implicados; ningunha reunión cos grupos municipais da corporación; só o trato directo de representantes destes colectivos con un ou outro concelleiro e coa Alcaldesa que quedaron en promesas de palabra e contradicións nos feitos. Todo por non facer as cousas como toca: transparente, con información, participación dos colectivos afectados e coa vista posta no ben común. O contrario é a política municipal de sempre e impropia de institucións democráticas.

Así non, Eva García de la Torre, así non se pode actuar nunca e menos nunha situación tan excepcional como a que estamos a vivir e que, de diferentes xeitos, se vai alongar no tempo cambiando a vida normal para sempre. Isto non vai de apuntarse os tantos nin de feitos consumados deixando ao resto dos grupos da corporación a un lado. Agora vai tocar máis que nunca traballar para non deixar a ninguén atrás, tamén dende o Concello. Agora o que a xente agarda de toda a corporación, tanto goberno como oposición, é que se poña de acordo nun proxecto para O Porriño que queremos ser.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad