Redacción 24/04/2020

A través da Concellaría de Comercio manteñen unha comunicación constante coas dúas asociacións de comerciantes existentes no municipio ACISA e Tabernanova

 

O Concello de Salceda está a facer un importante esforzo por apoiar ao comercio local nesta situación especialmente complexa para o sector. Así, as plataformas de comunicación das que dispón o Concello (páxina web e redes sociais) serven de medio para informar á veciñanza sobre os establecementos que permanecen abertos ao público ou aqueles que ofrecen servizo a domicilio. Ámbolos dous listados actualízanse coas solicitudes que achegan dende os propios comercios, conseguindo deste xeito unha guía de enorme utilidade para a veciñanza que a pode consultar dende os seus domicilios.

O Concello, a través da Concellaría de Comercio, mantén ademais unha comunicación constante coas dúas asociacións de comerciantes existentes no municipio (ACISA e Tabernanova), nun exemplo de traballo conxunto que proporcione os mellores resultados para a poboación. Dende o CDL do Torrón se ofrece un servizo de asesoramento a persoas autónomas e PEMES, que se centra fundamentalmente nos temas relativos a tramitación de ERTES, prestacións por desemprego, prestacións extraordinarias, subvencións, etc, todos eles vinculados coa actual situación.

O sector do comercio estase a ver beneficiado tamén polas medidas económicas establecidas dende o Concello, que supoñen a anulación da taxa de terrazas ou a suspensión das taxas da praza de abastos e de mercado ambulante. Ademais o departamento de tesourería traballa xa no estudo para as medidas que poidan afectar ás taxas de recollida de lixo ou servizo de vado daqueles establecementos obrigados a permanecer pechados durante o estado de alarma.

O Concello quixo agradecer tamén as iniciativas privadas de apoio ao comercio, como a que está a levar a cabo Electra Alto Miño, que está establecendo medidas para rebaixar o coste eléctrico e outros servizos de negocios pechados ou con servizo moi disminuído, como a suspensión do cobro da fibra óptica ou a rebaixa da potencia eléctrica.

Verónica Tourón, tenenta de alcaldesa e concelleira de comercio: “animamos á veciñanza a non esquecerse do comercio local, nin agora nin cando remate esta situación. En Salceda existe unha ampla variedade de comercios que fan que non sexa necesario desprazarse a grandes superficies ou a internet. Cando todo isto remate debemos volver aos comercios locais con máis forza que nunca, pois ese será o inicio da recuperación da nosa vila”.            

Loli Castiñeira, Alcaldesa de Salceda: “O traballo que se fai dende o equipo de Goberno, tal vez non sexa o máis popular, solo agardamos que sexa o máis eficaz. Esa é a miña gran preocupación e responsabilidade”.

Foto de Laura di Próspero

 

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad