Redacción 12/07/2019

Dúas rotondas, un semáforo con pulsador e sendas para peóns foron as propostas aceptadas de antemán ao proxecto de mellora da seguridade vial 

 

 

A Xunta de Galicia tén de prazo ata o 11 de outubro para presentar un proxecto de mellora da seguridade viaria na travesía do barrio A Vaquería, en Budiño, segundo o compromiso adquirido xoves ante a alcaldesa do Porriño e unha representación vecinal.

Nun encontro celebrado na sede da Delegación Territorial da Xunta en Vigo, con  Francisco Menéndez, Director da Axencia Galega de Infraestructuras, acadouse ese compromiso de tempo.

Segundo explicóu Eva García, despois da reunión de 2 h de duración, “achegamos posturas entre vecinos de A Vaquería e Xunta de Galicia para unha mellor solución ós problemas de seguridade viaria da travesía da estrada autonómica PO-510 por ese barrio de Budiño”.

A alcaldesa explicou que o Director da Axencia Galega de Infraestructuras aceptou incorporar dúas rotondas, un semáforo con pulsador e sendas para peóns para mellorar a seguridade dos veciños. Cando sexa presentado o proxecto, “os veciños disporán dun período de alegacións para formular as súas aportacións e que poidan ser incorporadas co correspondente aval dos técnicos da Consellería”, declarou Eva García.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad