Redacción 02/04/2019

Será o vindeiro domingo 7 de abril ás 18.30 h no Multiusos das Pozas de Petelos

 

 

A mosense Coral Polifónica Ventos do Val, da parroquia de Petelos, organiza a XIX Edición do Concerto de Primavera. Celebrarase o vindeiro domingo, día 7 de abril, ás 18.30 h do serán, no auditorio do edificio Multiusos das Pozas en Petelos. A entrada ao concerto é libre e de balde para todas aquelas persoas que desexen asistir, xa que a Coral Polifónica Ventos do Val e unha agrupación sen ánimo de lucro.

Con este concerto a agrupación coral de Petelos abre o seu ano cultural de actuacións 2019, durante o que os seus integrantes pretenden facer chegar as súas cancións na vertente do canto coral polifónico a todos os amantes da cultura musical.

Neste evento musical, ademais da coral anfitriona, colaborarán e participarán a Coral Frol Nova de Chapela e a Coral do Colexio Provincial de Avogados de Pontevedra. Ademais actuará o grupo de acordeóns da Escola Municipal de Música de Mos, Argonat Band.

As corais convidadas e a local ofrecerán a interpretación de varias obras cun programa variado de cancións caracterizadas pola calidade na interpretación. Será un repertorio que incluirá cancións populares galegas, habaneras, xotas, boleros e zarzuelas.

Representantes da Coral Ventos do Val aseguran que “os obxectivos máis inmediatos da Coral son mellorar o seu repertorio e conveniar con agrupacións corais doutros municipios todos os intercambios posibles que contribúan a enriquecer cultural e musicalmente a ambas partes, levando a música como bandeira”.

 

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad