Redacción 31/01/2019

Este xoves volverán movilizarse no Porriño en defensa da sanidade pública

 

 

Eva Solla Fernández, Deputada de En Marea, presentou a seguinte Proposición non de Lei relativa á situación da ampliación prometida para o Centro de Saúde do Porriño:

Durante os últimos anos, foron moitas as ocasións nas que se demandou a ampliación, votando o Partido Popular en contra, tanto de iniciativas coma de emendas aos orzamentos. De feito no mes de novembro de 2018, trasladado este asunto á Comisión de Sanidade do Parlamento de Galicia, o PP votou novamente en contra impedindo que se aprobase a súa ampliación. Os argumentos foron que non era necesario neste momento.

Un mes despois e de xeito sorprendente, o Conselleiro de Sanidade visitaba O Porriño anunciando por enésima vez a ampliación do centro. Un anuncio no que se falaba de incrementar as consultas e dispor dun servizo de fisioterapia, pero que deixaba fora outras melloras aprobadas previamente coma radioloxía, mellora da accesibilidade do centro ou zona de espera infantil, entre outras.

O anuncio, semella máis enmarcarse na precampaña electoral municipal, xa que resulta incomprensible que nun mes se tivese mudado de opinión, pero tamén porque non existe ningunha partida específica nos orzamentos de 2019. Nese senso débese lembrar tamén que o PP votou en contra das enmendas aos orzamentos de En Marea que propuñan unha partida para tal ampliación.

Por outra banda, a folga que manteñen os profesionais e as profesionais dos PAC dende fai un par de meses debido á enorme sobrecarga de traballo e ás súas condicións, parece tamén estar detrás coma un novo intento de desmobilización.

Ante estas circunstancias, o Grupo Parlamentario de En Marea, presenta a seguinte Proposición non de lei. Deste xeito o Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a:

– Aprobar unha modificación orzamentaria para comprometer unha partida suficiente para reiniciar e rematar o proxecto de ampliación do centro de saúde de O Porriño, así coma dotalo de medios técnicos e humanos, axeitados ao concello é a súa contorna.

– Manter no proxecto a dotación de fisioterapia, radioloxía, e a ampliación das dependencias do PAC e consultas, así coma da ampliación da unidade de atención ás drogodependencias.

– Comprometerse a executar a ampliación durante o ano 2019.

  • Un mes antes nega no Parlamento a necesidade da ampliación
  • Non se destinou nin un euro nos Orzamentos da Xunta

O PP do Porriño nega no Pleno do Concello o deterioro da sanidade pública e non apoia as mocións de EU-SON reclamando a ampliación, máis persoal e servizos.

Ante esto, dende EU-SON seguimos convocando á veciñanza ás concentracións cada último xoves de mes no Porriño e as mobilizacións que se fagan en defensa da Sanidade Pública enVigo. Está claro que as protestas e mobilizacións serven para que, ao menos, o Conselleiro se digne a visitar o noso Centro de Saúde e coñecer a súa penosa situación, algo que negaba no Parlamento; das promesas que fixo, xa sabemos o que significan coa proximidade das eleccións.

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad