Redacción 30/01/2019

A través de dous proxectos diferenciados pero cun mismo fin proporcionaranse as ferramentas para unha perfecta convivencia

 

 

O CEP Altamira acolleu esta mañá a presentación dos proxectos de educación emocional en igualdade e mediación que se van levar a cabo tanto no CRA Raíña Aragonta como no propio CEP Altamira. No acto participaron representantes das ANPAS e dos equipos directivos dos dous centros, representantes de ACROFAM, entidade encargada de levar a cabo os proxectos, e a Concelleira de Educación e o Alcalde de Salceda, Tere Pérez e Marcos Besada.

O proxecto está impulsado por ámbalas dúas ANPAS, e para levalo a cabo contará coa financiación das mesmas, dos centros escolares e do Concello de Salceda.

No caso do CRA Raíña Aragonta, o proxecto vaise centrar na igualdade, e traballarase na aula co psicólogo Carlos Vila, e tamén a través da arte e do sorriso. A igualdade é unha das claves para conseguir unha perfecta convivencia, e é fundamental abordala xa dende as primeiras idades, nas que xa se ven comportamentos que se poderían definir case como
“machismo”. Para chegar aos nen@s empregaranse formatos divertidos e cercanos, para acadar o mellor resultado.

Pola banda do CEP Altamira, procederase á creación dun equipo de mediación formado por 20 alumn@s de cuarto curso, que poidan interceder nos diferentes conflictos que poidan xurdir no día a día do colexio. A idea é chegar aos conflictos de baixa intensidade, que para os nen@s son conflictos de grande importancia, aínda que moitas veces parezan insignificantes.

Con este equipo de mediación moitas das situación conflictivas xa non chegarán ao equipo directivo, senon que o propio alumnado o resolverá grazas á mediación. Elíxese o alumnado de cuarto coa previsión de que eses nenos e nenas poidan facer o traballo durante tres cursos, ata que rematen sexto de primaria.

As representantes das ANPAS agradeceron a boa acollida que tivo o proxecto por parte dos equipos directivos dos dous centros, que dende o primeiro momento amosaron o seu interese, así como agradeceron a colaboración do Concello, que sufragará unha parte importante dos custos da implantación dos programas.

Clara Ojea, directora do CEP, e Mirian Seoane, xefa de estudios do CRA, amosaron a súa satisfacción e interese no proxecto, agradecendo o traballo das ANPAS na defensa dos intereses dos nenos e nenas con iniciativas tan importantes como esta.

Marcos Besada, Alcalde de Salceda, lembrou que “Non existe a carreira de pais nin de nais, polo que proxectos como este resultan fundamentais no camiño de conseguir unha educación integral para os nenos e nenas, destacando ademáis a importancia de que se faga dende o ensino público. O Concello de Salceda apoiará sempre sen ningún tipo de dúbidas proxectos coma este, tan importantes na Salceda do baby boom”.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad