Redacción 06/01/2019

Tivo lugar durante a última fin de semana do ano 2018 e durante os dous días de duración reinou un grande espírito de deportividade

 

 

A V edición do Torneo de Nadal Xadrez Mos celebrouse durante a última fin de semana do ano 2018, os días 29 e 30 de decembro, nas instalacións do Centro Dotacional de Torroso.

Dende a directiva do Club Xadrez Mos declararon a este respecto que “un ano máis gozamos de dous días de boxadrez, deportividade e un ambiente festivo idóneo para gozar da nosa paixón. Queremos mostrar o nosoa gradecemento ao Concello de Mos e ao Centro Dotacional de Torroso, pola súa aposta continua polo xadrez, facilitando o desenvolvemento de todas as actividades do noso Club”.

Dende o Club non quixeron deixar de agradecer “aos patrocinadores deste evento, permitindo que ano tras ano, grazas ás súas achegas, melloremos as condicións deste torneo. A toda a familia do Club Xadrez Mos: pais, nais, avós, avoas, amigos, amigas… motor fundamental deste club. Sempre dispostos a botar unha man. Grazas pola súa entrega. E por suposto, a todos os participantes pola súa deportividade. Polo ambiente familiar vivido durante os dous días de competición. E pola súa entrega no taboleiro partida a partida”.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad