Redacción 14/11/2018

Por primeira vez a Comunidade galega sitúase nos primeiros postos da rítmica nacional

 

O Club Ximnasia Porriño, tras o éxito acadado no Campionato Galego de Base -onde se clasificaron as 16 ximnastas participantes- acudiron dos días 7 ao 11 de novembro, ao Campeonato de España de Rítmica de Base celebrado en Murcia.

Os resultados obtidos non teñen precedentes, xa que contribuíron a situar a rítmica galega no posto número 5º por primeira vez na súa historia.

A clasificación das ximnastas porriñesas resolveuse con Daniela Costa cun 4º posto; Noa Filgueira, que acadou un 6º posto; Mónica Rodríguez, un 10º posto; no 23º, Alba Sousa; no 25º, María Oliveira; e no 33º, Lucía Casillas.

Por outra banda, o conxunto de infantil base estivo entre os 45 millores conxuntos da súa categoría a nivel nacional. 

Gracias o 5º posto alcanzado pola Comunidade Autonóma galega, por primeira vez, Galicia sitúase nos primeiros lugares da rítmica nacional.

Unha vez mais, as ximnastas porriñesas deixaron ver no tapiz levantino a pasta galega da que están feitas.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad