A través dun comunicado de prensa urxente, esta noite dende o Concello do Porriño trasladábase a súa decisión
“A alcaldesa do Porriño, Eva García de la Torre, vén de solicitar a súa baixa temporal coma militante do Partido dos Socialistas de Galicia (PSdG-PSOE) en tanto non se resolva o procedemento xudicial no que ten que declarar o vindeiro día 22 deste mes.
García de la Torre toma esta decisión no seu desexo de salvagardar e defender o bo nome do PSdG, formación da que forma parte dende hai moitos anos.
Eva García de la Torre seguirá á fronte do Goberno local do Porriño na súa firme confianza na xustiza e o seu total convencemento de que o procedemento xudicial no que está inmersa será favorable para ela, dada a súa inocencia.
No mesmo momento no que sexa exonerada de responsabilidade, pedirá o seu reingreso no Partido dos Socialistas de Galicia e optará á designación coma candidata do mesmo á Alcaldía do Porriño nas Eleccións Municipais de maio de 2019″.