Redacción 27/08/2018

Informouse aos veciños da “Zona 0” sobre as medidas de seguridade que estarán vixentes durante as obras de tendido da rede de abastecemento

 

A alcaldesa do Porriño, Eva García de la Torre, acompañada do responsable da Policía Local, Daniel odríguez e da a enxeñeira xefe da obra e representantes da empresa -que fará os traballos da abastecemento na ‘zona cero’ do barrio do Contrasto-, mantiveron o pasado venres unha xuntanza cos veciños desta zona; para explicarlles polo miúdo cómo se acometerán os mesmos, canto durarán e qué medidas de seguridade haberá que seguir durante a súa realización.

A obra, que abrangue a colocación das canles de abastecemento nun camiño de 600 metros lineais, estará dividida en tres treitos: o primeiro, de 250 m, o segundo de 200 m e o terceiro de 160 m, que estarán cortados ao tráfico -agás aos residentes- durante un período de tres semanas, como máximo, duración estimada de duración dos traballos.

O avance das obras será de entre 40 e 60 m ao día e mentres as foxas estean abertas non estará permitido o acceso nin aos veciños, aínda que a empresa comprométese a que os treitos que se abran ao comezo da xornada estean pechados ao final da mesma, de xeito que os residentes desta zona poidan entrar e saír das súas casas, sen risco, a diario.

Para garantir a seguridade, e dado que as altas temperaturas ás que terán que traballar elevan as posibles emisións de lindano, os operarios realizarán vestirán ‘buzos’ e levarán equipos de respiración autónomos; as foxas abertas pecharanse cada día e mentres estean a realizarse as tarefas de tendido da rede de abastecemento as casas deberán ter as portas exteriores e as fiestras pechadas.

As obras comezarán a esta semán, última do mes de agosto, ás 8 da mañá de cada día; nos primeiros 250 m de actuación está previsto un avance diario de 60 m, con tres acometidas, tendo en conta que os traballos poden verse limitados pola existencia doutros servizos soterrados, como os de telefonía ou electricidade, a accesibilidade veciñal e a exposición dos equipos de respiración autónoma.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad