Aínda que ninguna corporación política se puso en contacto de momento estudarán as posibilidades da situación tralas eleccións
Os membros da candidatura de Esquerda Unida-son Porriño reúnense este domingo 31 para valorar os resultados das eleccións municipais e tomar decisións sobre a postura desta formación, de cara ás diferentes posibilidades de conformación do futuro Goberno municipal, aínda que ningunha formación política se puso aínda en contacto con nós.
Asemesmo, aprobarase a constitución e regulamento da Asamblea Municipal que será o órgano de consulta, control e participación que terá a cidadanía do porriño que comparta a nosa proposta política de esquerdas. Ningunha decisión importante se fará sen consultar ás persoas que puxeron a súa confianza no noso proxecto político.
Aproveitamos para dalas gracias ós veciños do Porriño que nos levaron cos seus votos ó Concello e dicirlles que estarán con nós nel.