Redacción 18/05/2015

Os nenos tiveron a oportunidade de coñecer a realidade do homenaxeado no Día das Letras Galegas deste ano de primeira man

 

Este luns  18 de maio, xusto no día seguinte á celebración das Letras Galegas, o Colexio Santo Tomás tivo a inmensa sorte de contar coa presenza de D. Fernando Filgueira,  fillo do ilustre homenaxeado de 2015.

Xosé F. Filgueira Valverde, escritor e historiador pontevedrés, autor dunha extensa obra de carácter divulgativo, foi membro fundador do Seminario de Estudos Galegos, director do Museo de Pontevedra, alcalde da mesma cidade e, xa na democracia, conselleiro de Cultura. Escritor prolífico de estudos sobre a nosa historia e etnografía, así como ao estudo da literatura galega medieval.  Comprometido na defensa e promoción da nosa cultura, constitúe un dos máis importantes persoeiros da segunda metade do século XX.

Ó longo de media hora D. Fernando Filgueira, médico de profesión, fixo un interesante  e ameno percorrido didáctico sobre as actividades máis importantes do seu pai, as persoas que o influiron á hora de entrar tan novo no mundo da cultura galega, anécdotas familiares, curiosidades…

Coñecimos una  figura máis intima e familiar de Filgueira Valverde, os seus antecedentes familiares e como e o porqué un rapaz de 18 anos se decide a ser cofundador do Seminario de Estudos Galegos ou con o 21 anos colabora na fundación do Museo de Pontevedra.

A continuación chegou o turno do coloquio onde os nosos alumnos e alumnas chegaron ata a ducia de custións onde o doutor en medicina foi respondendo á súa curiosidade falando de Losada Diéguez, Castelao ou mesmo de Indiana Jones. Foi este un tempo xa máis relaxado,  con momentos de humor e distensión.

Foi en definitiva un luxo. Unha magnífica e exclusiva oportunidade de coñecer da man dun familiar, e directamente no colexio, a verdadeira realidade dun persoeiro homenaxeado na festa das nosas letras.

Colexio Santo Tomás

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad