Redacción 18/05/2015

Nidia Arévalo plantexa MOS como territorio de OPORTUNIDADES laborais

Arévalo e os membros da súa candidatura continúan coa súa programación de actos electorais que o pasado venres fixo parada na parroquia de Dornelas, onde a actual alcaldesa mosense centrouse nos seus proxectos de futuro para o Concello de Mos en materia de emprego. “Sabemos que o emprego é máis ca nunca a preocupación máxima das veciñas e dos veciños polo tanto, é a nosa prioridade, o noso gran obxetivo transversal. Podemos presumir de espíritu emprendedor capacidade de innovación, creatividade e talento. Por iso, dedicaremos todos os nosos esforzos a apostar pola formación, a información, o emprendemendo, a innovación e a economía do coñecemento, que xunto coa estabilidade e a confianza, conducirán á creación de novos postos de traballo e a atraer novas inversións”, explicoulles ós veciños e veciñas presentes esta tarde en Dornelas, respaldada pola candidata de dita parroquia, Sara Cebreiro, e polo candidato da parroquia de Tameiga e actual tenente alcalde e concelleiro de Formación e Emprego mosense, Óscar Soto.

O EMPREGO é o EIXO TRANSVERSAL e PRIORITARIO das actuacións dos populares mosenses que, en colaboración cos axentes económicos e sociais de Mos elaborarán  durante a vindeira lexislatura un PLAN ESTRATÉXICO-MOS 2015-19 para o impulso e desenvolvemento ecónomico do Concello, xunto con outras medidas consistentes en:

-Crear un OBSERVATORIO LOCAL PARA O EMPREGO, onde as institucións, empresarios locais e centros educativos colaboren na adecuación dos requirimentos e capacitacións dos traballadores desempregados ao mercado laboral e a realidade empresarial do concello.

 -Reforzar o Pacto Local de Emprego: Vertebrar un Plan integral de intervención en cuestións comúns e claves para o desenvolvemento dunha política efectiva a favor do emprego, en canto a mellorar a Intermediación laboral, coordinar a oferta formativa dacordo coas necesidades do tecido empresarial, e fomento a formación dual ou prácticas en empresas, e sobre todo organizar Foros ou Encontros entre as persoas demandantes de emprego e as empresas e promoción do asociacionismo empresarial.

-Reforzar a imaxe da Axencia de Colocación dunha maneira integradora e como dinamizadora de accións innovadoras cara o fomento do emprego:

-Reforzar os Servizos de Orientación laboral, dando servizo e resposta á gran demanda dos veciños/as do municipio e posta en marcha de “Lanzadeiras de Emprego”

-Plan Integral de Cualificación e Emprego para xoves: Garantía Xuvenil.

-Plan Integral para o fomento da incorporación a unha medida de mellora da empregabilidade e inserción, a persoas en risco de exclusión social, ou que na unidade familiar, non haxa ningún ingreso.

-Implantación de sistema de calidade e avaliación, que permitan mellorar a calidade do servizo.

-Dende a Axencia de Colocación desenvolvemento un PLAN DE EMPREGO LOCAL con partida orzamentaria que inclúa accións formativas vinculadas a obtención de certificados de profesionalidade,  formación profesional dual,  capacitación tecnolóxica básica a través da nosa Aula CeMIT e a nosa plataforma de teleformación, e  accións de mellora das habilidades e atitudes; así como Obradoiros de emprego dirixidos a desempregados mozos ou a sectores mais vulnerables procurando a mellora da súa empregabilidade; e programas integrados de emprego que promovan a mellora da empregabilidade, a inserción e a primeira experiencia laboral a través de contratos de formación e aprendizaxe con xoves menores de 30 anos, para facilitarlles a súa primeira experiencia laboral

Favorecer o EMPRENDEMENTO impulsando unha  Escola Municipal do Emprendemento:

-Implantando programas integráis de acompañamento e titorización para o desenvolvemento da idea empresarial, reforzo do servizo de asesoramento, dinamización de empresas locais, axudas ou incentivos fiscáis, ou exención de tasas,  que apoien a creación de empresas, sobre todo, entre mozos/as de 18 a 35 anos, apoiando desta maneira o espíritu emprendedor da mocidade, potenciar espazos de encontros para apoio ao emprendedor ao inicio dos primeiros pasos.

-Fomentar e apoiar a creación de Cooperativas sociáis.

-Facilitar a simplificación e axilización dos trámites administrativos para favorecer a creación de empresas.

-Establecer bonificacións en impostos e taxas municipais para empresas que contraten persoas desempregadas de Mos.

-Promover a sustitución do sistema de controis e licencias previos por declaracións responsables.

-Negociar con diferentes entidades financieras medidas específicas de apoio a emprendedores e PEMES.

-Fomentar unha cultura do emprendemento entre os mais mozos, a través de convenios cos centros educativos para que formen parte da suas políticas educativas e formativas

Crear a ESCOLA DA SEGUNDA OPORTUNIDADE: a escola da segunda oportunidade será  un recurso orientado a reinserción educativa das persoas. A súa finalidade é permitir dotar dunha cualificación básica a aquelas persoas que non puideran finalizar a enseñanza obligatoria con éxito, ou queiran continuar a súa formación, trátase de loitar contra a exclusión a través da educación e formación para facilitar a súa inclusión laboral e persoal, en definitiva será una unidade especializada de apoio a reinserción laboral de persoas con estas características a través de itinerarios integrados de inserción, que inclúan:

•         Módulos de información e orientación laboral adaptados.

•         Módulos de habilidades sociales e prelaborales

•         Módulos de formación básica e complementaria. (ESO, Competencias Clave)

•         Talleres de capacitación (Capacitación tecnolóxica básica). Rede CeMiT.

•         Módulos de técnicas de búsqueda activa de emprego

•         Tutorías individualizadas para o mantemento do emprego.

Arévalo rematou a súa intervención salientando que “todas as nosas medidas terán prioridade en aquelas familias nas que ningún dos seus menbros traballen ou teñan ningún tipo de ingreso”. E insistiu engadindo que “a recuperación económica pasa polo emprego, e o emprego en Mos tamén pasa polos polígonos industriais, unha das prioridades estará concentrada en realizar esforzos significativos na mellora dos accesos, renovacións de pavimentación e dos viais, incremento da seguridade, a consolidación da limpeza e aprovisión de conexións de banda ancha a todolos polígonos, en definitiva, facer atractivos os polígonos de Mos tanto para as empresas xa ubicadas en eles coma para as que non están. Somos conscientes, da actual fuga de empresas cara ao norte de Portugal, especialmente polas facilidades de implantación coma polo PREZO do solo. Sensibles ante esta realidade, solicitaremos a revisión por parte do Xestur Galicia do prezo do solo no Polígono da Veigadaña, para conseguir a venda da totalidades das parcelas baleiras e polo tanto a consolidación do polígono. Convertíndoo nun motor de cremento e xeración de riqueza no territorio”.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad