Un programa vivo, dinámico que se alimenta das propostas dos cidadáns
A Agrupación de Electores do Porriño (AEP) comenza a sua rolda de charlas nas parroquias, para achegar o seu proxecto a tódalas porriñesas e porriñeses. O venres finalmente non se fixo a charla na Escola de Música do Porriño, xa que nos unimos o BNG e a EU-SON na manifestación organizada diante do Concello, como protesta polo último crime ocorrido en Ourense desta lacra social que é a violencia de xénero.
Este sábado as 18.00 h estivemos na parroquia de Pontellas e o domingo, tamén a mesma hora, na Asociación de Veciños de Atios. Debatiremos cos asistentes as necesidades particulares das parroquias, expondremos o noso proxecto e finalmente incluiremos as propostas xurdidas no noso programa.
“O noso programa é un programa vivo, dinámico, xa que se alimenta das propostas que fan os cidadáns. Non o deixes fuxir”.