O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, participou na mañá de onte na presentación da 57ª edición Rías Baixas – Regata Mar de Maeloc 2020. O representante da Xunta recordou que, desde 2019, son celebradas tres das mellores regatas galegas, a das Rías Altas, a das Rías Baixas e o Trofeo Finisterre, nesta iniciativa que afianza a Galiza no liderado estatal e mesmo internacional da vela.