A doazón, realizada por unha empresa da localidade no marco da iniciativa Pulso Solidario, foi recollida polo Concello a finais desta semana, e será entregada aos seus beneficiarios o próximo luns.
A atención presencial á veciñanza farase con cita previa, acordada telefónicamente, en horario de 10 a 13 horas. Só se realizarán presencialmente trámites imprescindibles e urxentes que non poidan ser realizados por vía telemática a través da sede electrónica do Concello de Mos
A atención presencial á veciñanza farase con cita previa, acordada telefónicamente, en horario de 10 a 13 horas. Só se realizarán presencialmente trámites imprescindibles e urxentes que non poidan ser realizados por vía telemática a través da sede electrónica do Concello de Mos.
Trala publicación por parte da Xunta do listado de parroquias nas que non serán de aplicación as franxas horarias destinadas a paseo e deporte ao aire libre, resólvese a confusión provocada durante a xornada de onte: a eliminción destas franxas horarias afecta a todas as parroquias de Mos, se ben o Concello recomenda evitar as zonas urbanas.
A agrupación socialista trasladou ao goberno local un conxunto de propostas en materia empresarial e social. Pretende así tender a man á alcaldesa Nidia Arévalo e contribuir de maneira construtiva á recuperación trala crise sanitaria e as súas consecuencias económicas.
O goberno local comezará unha ronda de contactos e reunións con asociacións e colectivos sociais. Consituiránse mesas de traballo sectoriais para abordar a curto prazo as situacións derivadas da crise sanitaria que lles poidan afectar.
Por mor da crise sanitaria, o inicio da máxima competición de ciclismo en ruta de España será adiado ao outono. La Vuelta celebrarase entre o 20 de outubro e o 8 de novembro e, desta maneira, a etapa iniciada en Mos terá lugar o xoves 5 de novembro.
O Concello anunciou a semana pasada a repartición de 2.000 máscaras de protección infantís doadas por unha empresa de Mos. Porén, o material encóntrase extraviado e non foi enviado ás familias no tempo prometido.
O estudo iníciase coa realización de contactos telefónicos con case 2.000 unidades empresariais mosenses e está sendo coordinado pola Axencia de Colocación local. Así, o Concello pretende obter unha imaxe certa da situación empresarial no municipio sobre a que deseñar as medidas de recuperación.
Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos.
Personalizar Cookies