O Partido Popular levou ao último pleno unha moción da A.V. de Vilar, en Redondela, á vez que rexeitou atender as demandas dunha parte do tecido asociativo de Mos. Gustavo Barcia afirma que para o goberno de Nidia Arévalo “hai mosenses de primeira e de segunda” e cre que o PP entende a política “de forma caciquil”, pois dá un trato privilexiado a determinados colectivos.