Segundo o Concello, as asociacións veciñais de Mos recibiron este 2020 un total de 110.000 euros concedidos pola Xunta a través do Plan específico de acción comunitaria. As entidades destínano a traballos de mantemento, obras e equipamentos para os seus locais. Unha delas, a AVV de Cela, recibiu esta semana a visita da alcaldesa.