Ecoloxistas en Acción presenta alegacións ao plan especial para as instalacións deportivas do Celta nos montes comunais de Mos, solicitando a denegación da súa aprobación definitiva por motivos xurídicos, ambientais e de interese público. Denuncia a intención de recalificar monte comunal co único obxectivo de favorecer a unha empresa privada e de implementar usos comerciais e terciarios nun solo rústico de especial protección, en contra da lei.