As propostas do Consello Local van destinadas a dar resposta a algunhas reivindicacións históricas da veciñanza. A insonorización da A-55, a humanización da estrada N-550 ou a recuperación do río Louro son algunhas das reivindicacións.
A responsable de feminismos da agrupación local de Podemos, Pilar Portilla Vidal, afirma que é importante seguir avanzando para evitar que a COVID 19 supoña un retroceso dos dereitos das mulleres. Esta moción se enmarca nas actividades reivindicativas que realizará a formación morada con motivo do 25N e que se celebrarán de maneira telemática.
Segundo o Concello, o Celta investiu preto de 210.000 euros nestes traballos que amplían a rede municipal cun novo tramo de máis dun quilómetro, que pasa a ser público, e permitirá futuras conexións ao sumidoiro tanto ás vivendas do lugar como a novos tramos que se pidan levar a cabo desde o Concello.
As Comunidades de Traídas de Augas afectadas polo macroproxecto comercial e as Asociación de Veciños da Portela e Comunidade de Montes de Tameiga, que representan a máis de 2.000 familias en Mos, exixen a Nidia Arévalo que pida desculpas polo que denominan mentiras e as falsas acusacións vertidas contra eles por parte da dirixente do Partido Popular.
O Concello emite un comunicado onde informa que recorrerá a decisión xudicial e carga duramente contra os membros da Comunidade de Montes de Tameiga que acusou de realizar aquela montaxe con fins políticos. Fontes da manconmunidade implicadas no caso insisten na súa desvinculación cos feitos e relacionan as acusacións do Concello co rexeitamento público da mesma á recalificacion dos montes veciñais para o seu uso no macroproxecto do Celta no municipio.
A crise sanitaria inflúe no incremento de certas partidas do estado de gastos como as relativas a dependencia, educación, Policía Local e Emerxencias. A alcaldía celebra que, desta vez, non haxa “facturas pendentes de recoñecer”.
A nova edición deste Programa beneficiará a outras 100 persoas en situación de desemprego. En todas as edicións anteriores logrouse superar o 70% de inserción laboral entre os participantes.
A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, remitiulle onte venres á súa homóloga porriñesa unha carta pedindo que se adopte esta medida que beneficiaría á hostalaría de Mos, O Porriño, Salceda de Caselas e Tui.
Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos.
Personalizar Cookies