mos

Redacción 14/01/2021

O domingo, 13 de decembro, celebrouse o XIX Trofeo de Baile Deportivo Concello de Narón que comprendía o Campionato Galego de Danza Coreográfica. O grupo mosense As Meninas, dirixido por Patricia Martínez, conseguiu proclamarse gañador do certame na categoría Junior Territorial Iniciados. Foron recibidas onte na Praza do Concello, onde recibiron a felicitación institucional polo gran logro do título autonómico.

Redacción 11/01/2021

A asociación de veciños A Portela (Tameiga) insta á Fiscalía a que abra dilixencias por delitos de prevaricación administrativa e contra a ordenación do territorio pola obras da cidade deportiva do RC Celta en Mos. A asociación veciñal sinala ao R.C. Celta, a todos os concelleiros do goberno municipal de Mos que participaron nas xuntas de goberno que adxudicaron as licenzas para a construcción da cidade deportiva e aos funcionarios da Xunta que informaron favorablemente ditas autorizacións.

Redacción 09/01/2021

O Concello de Mos informou onte de que a administración local contará, en principio, con seis novos operarios para o GES, aínda que poderían ser máis. Anunciouse tamén que a previsión é de que o Grupo de Emerxencias Supramunicipal poida estar operativo nesta primeira recta do ano, en concreto durante o vindeiro mes de febreiro. O novo GES integrarase dentro do Servizo Municipal de Emerxencias do Concello de Mos. 

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad