mos

Redacción 08/02/2021

O Ministerio de Transición Ecolóxica emite un informe precepetivo desfavorábel ao Plan Especial de Infraestructuras e Dotacións (PEID) para as instalacións deportivas do Real Club Celta de Vigo. O Goberno municipal de Mos foi incapaz de xustificar a existencia dos recursos hídricos suficientes para o desenvolvemento do PEID nin de demostrar a capacidade para recoller os caudais de aguas de refugallo. Ecoloxistas en Acción alerta de que as instalacións que figuran no informe como “a implantar” xa están de feito construídas e inaguradas sen estar o Plan Especial de Infraestructuras e Dotacións aprobado, polo que a organización ecoloxista denuncia a cidade deportivas do Celta carecen de legalidade urbanística.

Redacción 04/02/2021

Segundo o Concello, a crise sanitaria da COVID-19 obriga a primar e potenciar a formación para o emprego en liña e desde a Axencia de Colocación do Concello de Mos póñense en marcha dúas novas iniciativas nas que as persoas interesadas en participar deben incribirse esta mesma semana: un obradoiro de mercadotecnia dixital e unha convocatoria de certificacións en novas tecnoloxías.

Redacción 30/01/2021

O PSdeG de Mos critica a falta de interese do Concello en chegar a acordos para axudar ao sector hostaleiro fronte ás consecuencias económicas da crise sanitaria e as medidas de contención dos contaxios. O goberno local, á vez, di non ter “capacidade nin medios” para asumir a xestión de máis trámites e reclama á Xunta e ás Deputacións que sexa o goberno autonómico quen o faga. 

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad