FuraCans traerá as estreas absolutas de Devalar, de Mar García; En la boca de la mina, de Brandán Cerviño; Palmira, de Rebeca Lar; e In touch with the infinite, de Alejandra Pombo
Seis das nove pezas están dirixidas por mulleres, seguindo a filosofía do Festival de Cans de visibilizar as realizadoras nas seccións a concurso
As entradas para as proxeccións desta sección están dispoñibles dende hoxe na tenda.festivaldecans.com a un prezo de 6 €