ACTUALIDAD

Redacción 16/07/2020

O goberno de Feijóo esperou a despois da convocatoria electoral para anunciar novos recortes no sistema público de saúde: o Hospital Álvaro Cunqueiro pechará unha planta de pedriatría e o Hospital do Salnés perderá a ambulancia medicalizada. Xa a semana pasada, o sindicato de persoal de enfermería SATSE criticaba o peche de 400 camas durante o verán, aínda cando a situación pandémica continua entrañando importantes riscos.

Redacción 15/07/2020

A Xunta de voceiros municipais estudará se é posible algunha compensación ás canteiras pola paralización ocasionada polo estado de alarma

A Xunta de Voceiros Municipais convocada para o vindeiro venres 17, ás 12 horas, tratará a petición dunha posible devolución de parte do canon que canteiras radicadas no Porriño aboan anualmente ao Concello. A petición basease na paralización forzosa –entre as canteiras que aínda están activas-  durante os tres meses que durou o estado de alarma polo “Covid-19”.

Redacción 15/07/2020

COGAMI inicia en Vigo curso de auxiliar de servizos

O alumnado procedente de Vigo, Porriño, Mos, Salvaterra e Tui, participa nesta formación que se enmarca dentro programa de inserción laboral Máis Emprego que financia Obra Social “la Caixa” en colaboración co Fondo Social Europeo.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad