A piscina municipal do Porriño estará aberta no mes de agosto, dende ó día 3.
Este ano 2020, dadas as extraordinarias circunstancias acontecidas, a Concellería de Deportes que dirixe David Alonso tomou a decisión de manter aberta a Piscina Municipal tamén durante o mes de agosto, agás sábados e domingos. Polo tanto, a Piscina volverá abrir o vindeiro luns 3 de agosto.