A modernidade da música galega entra nunha canteira en restauración no Porriño
O Festival Sons da Canteira celebra a súa primeira edición o 29 de agosto en Vilafría. Baiuca, Mercedes Peón, Laura Lamontagne & PicoAmperio e DJ/VJ Juanma Lodo unen a tradición galega coa vangarda electrónica. No sorprendente escenario de pedra proxectaranse videocreacións.