ACTUALIDAD

Redacción 06/09/2020

O autor de “O que arde” participou onte en Cans nun coloquio moderado por Alfonso Pato, e instalou despois a súa estrela no torreiro. O músico e escritor coruñés Xurxo Souto guiou un roteiro por Cans expoñendo a historia e tradición musical da parroquia.

Redacción 05/09/2020

O certame conclúe este sábado, co concerto de Hendrik Rover y Los Míticos GTS e a entrega de premios. Os aforos para todas as actividades están completos e a organización pide ó público que evite acudir a Cans se non ten entrada. Ademáis, lémbrase a prohibición por lei de beber na rúa e que a aldea será desaloxada ordenadamente a partir das 23,30 horas.

Redacción 05/09/2020

As curtas a concurso e o coloquio con Oliver Laxe, no gran día do Festival de Cans

Este sábado chega o día grande do Festival de Cans, coa proxección das curtas das principais categorías a competición -ficción, animación e Furacáns- e outras seccións como ExtraCans. Ademais,un dos grandes momentos do día, como será o coloquio no Espazo Estrella Galicia da Leira do Rio co director Oliver Laxe.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad