O certame, que se celebra entre o 23 e 27 de setembro, está incluído na nova marca provincial de calidade “Rías Baixas Film Fest” da Deputación
A presidenta enxalzou un festival “que é capaz de ligar patrimonio, cine, historia e humanidade que fai que Play Doc sexa moi especial, este ano incluso máis porque foi capaz de reinventarse para responder a unha situación nova”