ACTUALIDAD

Redacción 22/12/2020

A sentenza da Audencia Nacional, feita pública esta mañá do 22 de decembro, desacredita o relato policial que sustentaba as acusacións e a campaña mediática levada a cabo nos últimos anos. Desde o inicio das actuacións policiais, as organizacións políticas afectadas, Causa Galiza e Ceivar, denunciaron unha “montaxe” que poñía en risco dereitos democráticos fundamentais e a lexitimidade do activismo político independentista.

Redacción 21/12/2020

O Concello emite un comunicado no que detalla brevemente as alegacións presentadas contra a modificación puntual do PXOM feita ad hoc para dar cabemento ao proxecto do Celta no municipio. Destaca que algo máis da metade dos alegantes son “de fóra de Mos”, e que foron 572 os veciños do Concello os que en total asinaron as alegacións.

Redacción 21/12/2020

O alumnado do Ciclo Superior de Animación Sociocultural e Turística do IES Primeiro de Marzo dedica Cantos de Reis ás persoas usuarias do Centro de Día de Persoas Maiores de Baiona.  A recuperación da tradición dos Cantos de Reis, e o interese deste alumnado por achegarse e abrirse á comunidade, uníronse ó seu desexo de […]

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad