O CAAN da Deputación pechou 2020 o seu mellor ano cun novo récord de adopcións e menor número de recollidas.
O Centro de Acollida acadou 583 adopcións, superando en máis dun cento as do 2019, mentres se confirmou a tendencia á baixa nas recollidas, cun total de 1.144.
Carmela Silva: “Nestas datas de Nadal quero lembrar que adoptar é responsabilizarse; cando se adopta é para toda a vida. Os animais non son un agasallo, son seres vivos que temos que respectar e coidar”.