A Deputación de Pontevedra súmase á hostalería e ao comercio da Provincia na esixencia á Xunta de Galicia dun plan de rescate.
O goberno remitirá unha carta á Xunta instando a “un plan inmediato, dotado con recursos suficientes, que evite o peche de empresas e a perda de postos de traballo”.
A Deputación pecha a colaboración con ambos os dous sectores en proxectos de innovación para captar fondos europeos, en plans específicos de formación e emprego e na realización de campañas de promoción para a reactivación.