O Concello de Mos emite un comunicado onde asegura que participará no “plan de rescate” da Xunta para a hostalaría sen concretar en que constará tal participación. Á vez, recoñece a falta de capacidade da súa propia administración para axudar directamente a este sector e exixe implicación á Deputación.