ACTUALIDAD

Redacción 29/01/2021

A AP-9, asegura o Ministerio, “consolídase entre as autoestradas máis seguras” do Estado, baseándose nos datos de siniestralidade. O Ministerio mostra o seu desacordo coas informacións publicadas por Audasa onte, en particular, no referido ao nivel das tarifas que a concesionaria considera de baixo prezo. O Goberno di estar traballando para reducir os costes para os usuarios da autoestrada. 

Redacción 28/01/2021

Decretado o peche total ao público da hostalaría e restauración en Galicia, Sanidade négase a permitir excepcionalmente que os condutores poidan consumir no interior de determinados establecementos, malia termos solicitado reiteradamente esta excepción desde as asociacións de transportistas, velando pola saúde alimentaria e hixiene do noso colectivo. A práctica totalidade das Comunidades Autónomas decretaron o peche da hostalaría nos seus territorios, sendo Galicia a única Comunidade que non permite uns servizos mínimos para os condutores profesionais.

Redacción 28/01/2021

A Administración local mosense anunciara hai dous meses o inicio de negociacións coas operadoras para desbloquear o proceso de instalación de banda larga. Hoxe, desde o Concello vense de notificar ao Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital o incumprimento por parte da empresa R, por non ter completado  as actuacións necesarias, para que o Estado actúe en consecuencia.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad