Tras a publicación nos pasados días, dunha nota de prensa do equipo de goberno do Concello de Salceda de Caselas (Movemento Salceda), na que se culpaba a Representación Legal dos Traballadores do concello de que se rompese a Mesa de Negociación da RPT, e se nos acusaba de defender “intereses persoais” e de afirmar que non nos contentábamos cunha suba de 200.000 € na devandita RPT, temos cousas que explicar.
Ante tal sarta de mentiras e manipulación, sobre os feitos acaecidos en dita negociación,no “suposto” abandono da mesma, e no referente ao procedemento de negociación do Convenio Colectivo durante os últimos 10 anos queremos aclarar o seguinte:
- É a segunda RPT que se fai por encargo do concello de Salceda, a primeira no ano 2009, elaborada pola empresa Eosa e cun custe para as arcas municipais de 18.000 €, nunca viu a luz ¿por que será? ¿non estaría máis acorde coa realidade que a que presentan agora?.
- O borrador de RPT presentadaagora polo goberno,significaba unha baixada de salarios no global da plantilla actual, pois a suba de 000 € incluída a Seguridade Social (da que falan), correspondería a CREACIÓN das novas prazas que pretendían sacar (Técnico de Administración Xeral, Tesoureiro Habilitado Nacional, Encargado de Obras e 1 Oficial de Policía Local).
- Ademais seguía mantendo as desigualdades existentes entre o persoal laboral e o funcionario, con niveis mínimos en vías e obras onde hai traballadores con salarios de 800 €; pero coma di o dito popular “aínda por riba de burro apaleado!” ademais se pretendía baixar de categoría e salario postos existentes dende hai 20 anos, ocupados por traballadores e traballadoras que mostran a súa profesionalidade no día a día cos veciños de Salceda.
- Nunha RPT debe figurar o organigrama óptimo para o funcionamento dunha administración local, os postos que están vacantes se están cubrindo con persoal subvencionado pola Deputación e a Xunta de Galicia, a parte sindical pedía cubrilos…..pero non nun ano ou dous….senón cando exista posibilidade económica (que por certo, si existe para que os cargos políticos deste concello teñan unha partida de 807,80 € anuais para os seus salarios e dietasfronte os 208.177,01 euros que cobran todos os traballadores e traballadoras laborais da plantilla municipal xuntos).
- É totalmente falso que se pida a creación de 17 prazas novas, senón a reconversión dalgunhasdas existentes para dar cobertura aos traballadores que realizan funcións de categoría superior, así coma cumprir a Lei vixente coma é o caso da Policía Local.
- O curioso é que falan de casos herdados do goberno anterior, cando os casos máis sangrantes e corrixidos polo xulgado recentemente (como o dunha das traballadoras sociais, a que lle recoñeceron a indefinición e a equiparación salarial), son con persoal contratado a partir do ano 2008 con Marcos Besada xa de Alcalde.
- Non é de recibo que se acuda a Compostela todos os primeiros de maio coa pancarta, e despois se contrate sistematicamente a todo o persoal novo, dende hai anos, cobrando o salario mínimo interprofesional.
- Non é de recibo que se nos estea convidando na mesa de negociación durante tres anos a que acudamos aos xulgados para obter a indefinición, e agora que os xulgados nos están dando a razón digan que xudicializamos a negociación colectiva.
- Non é de recibo que nunha plantilla de escasos 38 traballadores modélicos (un dos ratios máis baixos de Galicia), que asumen na maioría dos casos moitas mais competencias das que lles corresponde por categoría e salario, se abrise un expediente disciplinario, e se ameace coa apertura de outros nos últimos anos….
A “nefasta ” xestión de persoal no Concello de Salceda caracterizouse nos últimos anos pola permanente xudicialización, pola incapacidade e incompetencia dos xestores municipais”, así se teñen presentado ata 12 demandas de traballadores,e nos vindeiros meses caerán outras tantas, por despidos improcedentes, equiparación salarial, indefinicións, recoñecementos de antigüidade…..con infinidade de cartos aboados en indemnizacións e atrasos que pagan todos os veciños e veciñas de Salceda nos xulgados (máis os gastos na contratación dos avogados). Esta é a mostra de talante e dialogo que ten este equipo de goberno, que nas mesas e en boca do Alcalde dipublicamente que “está obrigado a negociar cos sindicatos…..pero NON a chegar a acordos”….esa e a filosofía… mesa a mesa e ano a ano.
Ademais hai que engadir a apertura de dous conflitos colectivos, o primeiro no ano 2014 con sentencia a favor dos traballadores, o segundo neste 2017, recorrida pola representación sindical no TSXG.
Pero a mostra maior de desprezo e tiranía de cara a representación sindical, foi a presentación dunrecurso do concello contra o procedemento democrático de elección de delegados sindicais no ano 2015, levando un varapalo monumental o Sr. Alcalde e o seu concelleiro de persoal ante a Inspección de Traballo de Vigo. Esta mesma Inspección xa multou ao concello con máis de 6.000 € por non converter aos traballadores en fraude de Lei (a metade da plantilla municipal) en traballadores INDEFINIDOS, tal e como establece a lexislación laboral vixente.
As organizacións sindicais e os representantes dos traballadores de Salceda, reclamamos o establecemento dun marco de relacións laborais digno, avanzado e progresista, encamiñado a acadar unha administración profesionalizada, eficaz e eficiente a vez que dignifique os servizos públicos e a labor que realizan os empregados municipais, evitando que os responsables políticos intoxiquen as relacións laborais cos seus criterios partidistas e clientelares. O Sr. alcalde de Salceda gusta máis de ter funcionarios precarios e servís que dignos e profesionais, esquece que a independencia dos empregados públicos respecto de quen goberna en cada momento e unha garantía no estado de dereito, o outro camiño so leva o descrédito do público. A actuación do goberno municipal responde a filosofía maniquea de “estas comigo ou contra min” confundindo a xestión do persoal coa vasalaxe política e persoal.
Por todo isto, a Representación Legal dos traballadores, amparados polas asembleas xerais de traballadores celebradas no ano 2017, e en voz dos delegados sindicais de persoal laboral e funcionario e os sindicatos presentes na mesa de negociación do concello de Salceda de Caselas (CIG, CC OO e CSIF), queremos mostrar a nosa RESPULSA a nota de prensa emitida polo equipo de goberno de Salceda de Caselas, instándoos a unha rectificación inmediata.