Redacción 19/05/2015

A parlamentaria visita o noso municipio para participar no mitin do día 21 no parque do Cristo ás 20.00 h

Dende Esquerda Unida-Son Porriño informamos de que a Coordinadora Nacional de Esquerda Unida e Viceportavoz de AGE no Parlamento galego, Yolanda Díaz estará o vindeiro Xoves 21 de Maio ás 20:00 h no Porriño dando o seu apoio a Candidatura de Esquerda Unida-Son Porriño.

Lembramos que Yolanda Díaz xa presentou unha pregunta no Parlamento sobre a presencia de Nelson Santos e outro concelleiro nas listas do PP para estas eleccións, estando ambos imputados de varios delitos aproveitándose do seu cargo público.

Yolanda Díaz, pese á súa apretada axenda en periodo electoral, quiso estar con nós dándonos o seu apoio nestos momentos tan fundamentais, pois se abren as portas a acabar con este retraso de tantos anos na democratización e transparencia do noso Concello.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad