Redacción 03/12/2024

Ante a petición enviada a medios polo CSIF, Sthela Mª Táboas indica que “o feito de que faga preguntas que incomodan a algúns e de que se trate de disimular con solicitudes de dimisión, non vai facer que esta concelleira dé nin un paso atrás contra as repetidas malas prácticas de xestión municipal”

O PSdeG-PSOE do Porriño, tras ler unha nota de prensa enviada pola Central Sindical Independiente e de Funcionarios (CSIF) -transmitida polo Presidente da Xunta de Persoal de Funcionarios do Concello do Porriño, o propio Xefe da Policía Local, Daniel Rodríguez González- na que se acusa á concelleira socialista, Sthela Mª Táboas, de falla de empatía coas vítimas da DANA valenciana solicitando a súa dimisión; considera preciso poñer en coñecemento da poboación a información que deu pé ás preguntas que incomodaron ao sindicato.

Deste xeito, a concelleira socialista Sthela Mª Táboas, subliña que “esta noticia, interesada en desprestixiar a miña imaxe, correspóndese cunha pataleta por preguntar no Pleno Ordinario de Novembro (ante a falla de información ofrecida polo Concello do Porriño) ¿Por qué motivo non se contou cos membros de Protección Civil para desprazarse, como Servizo de Emerxencias que son, ate Valencia como voluntarios? Os axentes de Policía e operarios trasladados a Benetússer ¿foron de xeito voluntario e solidario, ou con cargo ao Concello en horas extras e dietas?. Pero sen embargo, non se fai mención do agradecemento e recoñecemento polo seu traballo e voluntariedade transmitido na lectura dunha moción durante a sesión”.

Estas cuestións concordan totalmente co traballo que desempeña a oposición, e que lle pese a quen lle pese, representa ao interés lexítimo dos porriñeses nas urnas. “Cando non se nos facilita aos concelleiros o aceso a expedientes ou información municipal solicitada por rexistro, o único que nos queda e preguntar nos Plenos” puntualiza Táboas. Preguntas que nada teñen ver con falta de empatía coas vítimas tal como queren adornalo, senón máis ben coas irregularidades detectadas neste asunto e certas prácticas que “non por converterse en costumes habituais, son prácticas legais; e esta concelleira non está disposta a mirar cara outro lado”.

Deste xeito Sthela Mª Táboas pasa a explicar que “o alcalde de O Porriño firmou un Decreto o día 4 de novembro posterior á partida dos axentes (2/11/2024), autorizando ao desprazamento e permanencia do equipo e material municipal (e de Protección Civil) a Benetússer no que non se recolle si van, ou non, de xeito voluntario e solidario. Tampouco se aclara por qué non se convocou aos voluntarios de Protección Civil ou cando realizaron a comunicación obrigatoria á Guardia Civil da saída das armas regramentarias da Comunidade Autónoma de Galicia. Estas e moitas outras dúbidas están sin respostar por parte do Concello, razón de máis para que cada día xurdan máis preguntas directas”.

Ademáis, á vista de que se teñen como xustificadas horas extraordinarias da Policía Local de O Porriño como as destinadas á Festa Nacional de España (Festividade Do Pilar), cando levan xa dous anos consecutivos sin acudir aos actos oficiais da Guardia Civil, amosando un total desprezo institucional ou cando falamos de que se cobran cantidades de máis de 3.800 € nun só mes (aparte do salario correspondente), entre outras actuacións lesivas á imaxe da xefatura, fan que estas preguntas cobren maior relevancia.

Ademáis, a edil socialista non descarta emprender accións xudiciais contra o acoso ao que se está a ver sometida por parte dalgúns axentes da plantilla da Xefatura da Policía Local, coma os que asinaron unha proposta de sanción na Subdelegación de Goberno de Pontevedra no 2023 contra Sthela Mª Táboas, inventada e artellada ao día seguinte da queixa rexistrada na Administración local pola concelleira, tras a mala resposta dunha axente da policía local do Porriño nun festival, ante unha situación de emerxencia sanitaria.

Dase a circunstancia de que un dos firmantes é o Xefe da Policía Local, o mesmo que tamén interpuso unha temeraria demanda xudicial contra a concelleira socialista, na que qedaron demostradas a veracidade e honra da nosa concellleira por unha banda, máis as mentiras que un funcionario público se atreve a levar con auténtico descaro ao ente xudicial, abusando da súa condición de autoridade pola outra.

“O alcalde do Porriño ten que dar resposta a preguntas incómodas, porque permite e respalda actuacións municipais que van máis alá das súas competencias ou limitacións. Se pensan que, dalgún xeito por este tipo de prácticas de desprestixio infantís hacia á miña persoa, vou dar un paso atrás contra as repetidas malas prácticas de xestión municipal, xa se poden armar de paciencia” remata Táboas.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad