Sthela Táboas 30/10/2024

O portavoz do Partido Popular Carlos Martínez chamou “sinvergüenza” á concelleira socialista Sthela Mª Táboas no desenrolo do Pleno correpondente a outubro do Concello do Porriño celebrado onte

Onte celebrouse o Pleno do Concello do Porriño, no que o acontecido só pon de relevancia novamente a arrogancia, mala educación e fallas de respeto do Partido Populara hacia os grupos da oposición.

A agrupación socialista defendía unha moción para establecer o dobre sentido regulado por semáforos hacía Cando e Leandro Diz, e tamén rexistrou a comparecencia do concelleiro de Seguridade, Abel Estévez ou do máximo responsable da policía local, o alcalde Alejandro Lorenzo, para respostar a unha serie de preguntas sobre o operativo establecido pola policía local no Polígono Industrial de Cataboi.

O inicio do Pleno xa presaxiaba que non se comezaba con bo pé, pois en lugar de facer co debido tempo as oportunas comprobacións previas ao desenrolo  da sesión, ponse en marcha escasos dez minutos antes do inicio de sesión, sen poder conectar a grabación nin o sinal en directo.

Na primeira moción, solicitábamos o dobre sentido regulado con dous semáforos  no tramo da  rúa Cando, na intersección da praza de abastos, ate Leanro Diz, para poder efectuar o xiro á esquerda  e non ter que dar unha nova volta polo centro do Porriño para voltar á praza de abastos.

A resposta do Partido Popular á nosa proposta, foi que están a tratar de conseguir realizar un novo estacionamento nun terreo da contorna da praza de abastos, esquecendo que o solicitado nesta moción é un problema de movilidade, que ademáis de aliviar a conxestión en viais principais como a Avda. de Galicia ou Domingo Bueno, tamén reduciría o risco actual de colisión na intersección da saída do mercado municipal.  foi votada en contra polo Partido Popular, como case todas as mocións que os concelleiros socialistas vimos rexistrando en cada sesión ordinaria dende Xullo de 2023.

Falta de respeto á concelleira socialista

De seguido, o turno da comparecencia rexistrada polo PSdeG-PSOE O Porriño, a cual foi votada en contra polo PP para que alcalde e concelleiro non tivesen que respostar ás preguntas da oposición sobre a operación efectuada pola Policía Local no polígono de Cataboi.

Dende o PSdeG-PSOE amosamos a nosa noraboa á policía polas sancións impostas nos casos nos que os axentes poden denunciar os feitos sancionables e debidamente probados pero, por outra banda, non debemos mirar cara outro lado cando nas súas intervencións infrinxen as normas con actitudes irregulares, co emprego de medios materiais inadecuados ou establecendo un operativo no ámbito de actuación da Guardia Civil.  

A pesar de votar en contra da comparecencia, o PP a través do seu portavoz e Tte. Alcalde Carlos Martínez, o mesmo que preside todas as Comisións Informativas -nas que afirmou que esta operación foi orden do Xulgado de Istrucción nº 1 e que foi comunicada á Guardia Civil de Tráfico- expuso un resumen basado na nota de prensa enviada a medios de comunicación.

Ambos grupos da oposición reprochamos esta intervención popular, sin que desen a cara os protagonistas da comparecencia logo de votar en contra da mesma e, no seu turno, a concelleira socialista Sthela Mª Táboas reclamou que amosasen a comunicación do Xulgado ordeando este operativo á Policía Local, xunto á comunicación do operativo á Guardia Civil ou a Subdelegación do Goberno que non amospu en ningún momento.

Foi nese intre, cando Sthela Táboas lle replicou que non podía fiarse só da súa palabra e da do xefe da policía local, pois o propio despacho de abogados do Tte. Alcalde Carlos Martínez, representou ao Inspector  Xefe ( letrada a muller do concelleiro, Patricia Saborido) nunha demanda contra a concelleira socialista por un artigo publicado no medio de comunicación PorriñoDigital, na que se mentía cunha temeridade , e así quedou demostrado xudicialmente coas declaracións dos axentes actuantes do servizo marítimo da Guardia Civil, ao ser oficiados no procedemento, condeando a Daniel Rodríguez á imposición das costas procesais.

Foi neste intre cando o concelleiro do PP Carlos Martínez, comezou a dicir “tienes una jeta” para a continuación, como non lle gustaba o que Táboas lle requería, chamou “sinvergüenza” ate en tres ocasións á concelleira.  Aínda que a petición do portavoz do BNG, Carlos Martínez pedíu desculpas coa boca pequena á concelleira socialista, estas saídas de tono non se deben consentir, o respeto mutuo entre corporativos nun Pleno, debe ser un exemplo para a veciñanza.

A concelleira doPSdeG-PSOE, Sthela Mª Táboas, manifestou a súa “decepción novamente pola mala educación dalgúns concelleiros do PP, xa o sufrín este verán cando só dúas concelleiras do seu grupo amosaron interés polo meu estado de saúde, ao aparecer no Pleno de xullo con muletas e recén intervida cirúrxicamente. O PP non cambia, unha boa cara por diante, e a coitelada por detrás. Pero se algo teño claro e que poden faltar ao respeto a esta concelleira, poden escribir comentarios en redes sociais, inventar contos ou facer os desprecios institucionais aos que xa nos teñen acostumados, que esta concelleira vai seguir adiante velando polos intereses dos cidadáns dende a oposición“.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad