Sthela Táboas 30/10/2024

O Partido Socialista presentou unha moción no pleno de outubro, celebrado este luns, na que pedían tomar medidas en relación a problemática co tráfico na contorna do Colexio Lar, dita moción contou co voto favorable de toda a corporación

O problema de tráfico na contorna do colexio LAR é unha problemática que leva ocorrendo dende máis dunha década, e afirman os socialistas que nunca se lle deu solución definitiva. Queda patente que é hora de buscar melloras, actuacións que sexan unha alternativa e que rematen cos atascos en horas puntas de entrada e saída do colexio, que coincide ca hora de desprazarse para os correspondentes traballos.

Aportan declaracións de residentes do Camiño do Cacheno que din, e a modo de visualización do problema, en días de bo tempo, ir ao ambulatorio do Rebullón levaríalles 5 minutos andando. Pero en días de choiva e mal tempo, onde as persoas maiores prefiren ir en coche, o tempo para chegar aumenta ata os 20 minutos polo estancamento do tráfico nesa estrada. É un problema moi grave que afecta non só á veciñanza da contorna, tamén aos traballadores do polígono do Rebullón, a veciñanza de todo o municipio que se achega o centro médico, aos estudantes da universidade que pasan por aquí para ir as súas facultades, e en xeral a todo o tráfico que discorre en horas puntas pola zona. E polo tanto, este problema esixe que todas as forzas políticas busquen as mellores solucións a este colapso habitual do tráfico.

Sinalan que os vehículos usan o cruce entre da Avenida do Rebullón e o Camiño do Eido de San Antonio para facer un xiro. Existe unha sinal de circulación obrigada en sentido recto, pero non se respecta, os condutores dan a volta nese lugar igualmente. Isto tamén provoca que o colapso sexa maior.

Identifican outro punto crítico no cruce entre Camiño do Eido de San Antonio e o Camiño do Cacheno, un dos motivos de atasco na intersección é a necesaria manobra de marcha atrás que hai que facer para xirar á dereita dirección Rebullón, e que xera atrancos no tráfico.

Entre as medidas solicitadas encontrase un pintado na estrada que prohíba os xiros en puntos indebidos e que dende o Camiño de San Antonio quede para saída de autobuses, regular o tráfico de peóns cun semáforo, no cruce entre Camiño do Eido de San Antonio e o Camiño do Cacheno, obrigar a circulación cara a esquerda. Tamén piden unha campaña de concienciación no colexio para pais e nais e facer mapas de circulación para colocar na entrada ao colexio a modo de panel informativo, e facer un estudo do sentido de circulación que podería ser un acompañamento as medidas anteriormente recomendadas.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad