Este Plan deseñado para a participación de mulleres e homes está financiado pola Deputación de Pontevedra
O Concello de Salvaterra de Miño pon en marcha o proceso de elaboración do III Plan Municipal de igualdade, co obxectivo de seguir avanzando cara a un municipio más igualitario. Unha acción financiada pola Deputación de Pontevedra, a través da liña de axudas para o fomento da igualdade de oportunidades e a prevención da violencia de xénero, e o propio Concello de Salvaterra de Miño.
Este plan, promovido pola Concellería de Igualdade, ten coma obxectivo implicar a todas as áreas municipais no desenvolvemento de políticas, estratexias e accións en materia de igualdade, ademais de recoñecer a realidade das mulleres de Salvaterra de Miño.
A elaboración do plan realizarase en tres fases: diagnose, elaboración e presentación e difusión do plan. Un proceso participativo no que se implicará a cidadanía para a
redacción de dito plan, dando a coñecer a súa percepción. A través dunha enquisa online, mesas de traballo e reunións sectoriais farase partícipe os distintos axentes que permitirán coñecer as necesidades e demandas.
Por iso, dende o Concello de Salvaterra de Miño anímase a mulleres e homes a participar no cuestionario que servirá como inicio do Plan de Igualdade e que se atopa na web do Concello ademais estará dispoñible nas redes sociais da entidade, no Facebook e Instagram. Deste xeito tódalas persoas poderán difundilo para chegar a máis xente. O cuestionario estará activo ata o vindeiro 10 de novembro.