Sthela Táboas 04/10/2024

O proceso implica gran complexidade e un considerable custo económico, tanto na retirada do material como na súa reciclaxe

Non sería realista esixir que, o amianto que nos rodea en edificios públicos e privados, desapareza de hoxe para mañá. Pero sí é realista esixir información sobre ónde está para saber cómo actuar e poder previr.

En 2022 aprobouse a Lei de residuos, 7/2022, que obrigaba a todos os concellos de España a publicar un rexistro de lugares onde hai amianto antes de Abril do 2023. Diso pasou máis dun ano e só un concello do ámbito nacional Valladolid cumpríu coa lexislación vixente, o de Valladolid.

O Concello de Mos informou hoxe a través da alcaldesa, Nidia Arévalo, e o concelleiro de Coordinación xeral, Contratación, Patrimonio e Emerxencias, Leo Costas, que contratará durante o primeiro semestre de 2025 un censo para detectar posibles instalacións municipais con amianto e proceder así á súa retirada. O obxectivo é protexer a saúde de usuarios e traballadores.

O procedemento comezou no 2023 ante a iniciativa municipal, dende o departamento de Medio Ambiente para adaptarse á Lei 7/2022. Así, a enxeñeira municipal iniciou unha serie de traballos previos para que a administración local se adapte á normativa (para o que o prazo remata aínda en 2028), entre eles, o procedemento de contratación dun censo de amianto.

Ademais, desde o Concello de Mos priorizouse a retirada do amianto nos centros educativos, de xeito que xa se atopa eliminado o devandito material tanto dos colexios como escolas infantís e instituto de Mos.

Os pasos dados neste senso durante o presente ano foron de xestión e busca de empresas, que poidan realizar tanto o inventario como a retirada do amianto, pois son labores que requiren de profesionais moi especializados. Tras varias xuntanzas a este respecto e varios orzamentos solicitados, o edil de contratación estima que o custe aproximado do inventario pode ascender a uns 6.000 €. Pola súa banda, as tarefas de retirada e reciclaxe son bastante máis custosas, puidendo acadar o 14% do importe motante total dunha obra, estas tarefas de eliminación e reciclado do amianto.

Polo tanto Nidia Arévalo e Leo Costas anunciaron que próximamente se iniciará o procedemento de contratación da empresa que realice o inventario de amianto en edificios e instalacións municipais, que se pretende sexa levado a cabo durante o primeiro semestre do ano 2025. A maiores, pero xa máis a longo prazo, a intención é a de ampliar tamén o censo a propiedades particulares para poder identificar a presenza de amianto nos núcleos das 10 parroquias mosenses a través dun GIS, sistema de información xeográfica ou entorno para recompilar, xestionar e analizar datos.

A maiores e dun xeito xa inminente, posto que a obra comezará neste mesmo mes de outubro, o Concello realizará o desamiantado dunha gran parte do edificio base do Servizo Municipal de Emerxencias, grazas á obra de mellora da cuberta que conta con subvención autonómica. Deste xeito desamiantarase o 70% do tellado da edificación.

Rexedora local e concelleiro declararon que “desde o Concello de Mos estamos concienciados coa necesidade do desamiantado e queremos dar exemplo adaptándonos a tódalas directrices da normativa en vigor para promover a retirada deste material nocivo para a saúde e que todavía segue enormemente presente en todo tipo de instalacións e infraestruturas, desde construcións a tuberías, instalacións de traídas de augas, etc.”, dixeron.

Deste xeito, o Concello de Mos iniciará a contratación dun censo de todas as instalacións e emprazamentos municipais, que poidan contar con amianto e que se levará a cabo durante a primeira metade do próximo ano 2025.

Ata a súa prohibición en xuño de 2002, o amianto foi incorporado a moitos e diversos materiais empregados en construción, industria, medios de transporte etc., polas súas excelentes propiedades e baixo custo.

Os materiais con amianto poden supoñer un risco para a saúde se soltan as súas fibras ao ambiente, ao ser inhaladas e alcanzar os pulmóns. Puede producir cáncer de pleura, incurable e cunha esperanza de vida media d@s diagnosticad@s que oscila entre 2 meses e 1 ano de vida.

A identificación da existencia de amianto en edificios e instalacións é, por tanto, unha necesidade para preservar a saúde dos seus usuarios.

A Lei 7/2022, do 8 de abril, de residuos e chans contaminados para unha economía circular establece que os concellos deberán elaborar un censo de instalacións e emprazamentos con amianto, incluíndo un calendario que planifique a súa retirada. Assí mesmo, as instalacións ou emprazamentos de carácter público con maior risco deberán estar xestionadas antes de 2028.

O Concello de Mos vai contratar, por tanto, a realización do devandito censo tomando así a iniciativa para cumprir a lei, protexer a saúde dos usuarios e dos seus propios traballadores. Establecendo así, as medidas necesarias para eliminar a presenza destes materiais nas súas instalacións antes de 2028.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad