Redacción 03/10/2024

A pesar de incumplir a Lei de Espectáculos Públicos de Galicia, Alejandro Lorenzo e o seu equipo votaron en contra de que o Concello (como parte contratante) afronte a  reclamación económica dos asistentes por pagos excesivos e ilegais durante a celebración do Festival

Este luns celebrábase no Concello do Porriño o Pleno Ordinario de setembro, onde o PSdeG-PSOE do Porriño solicitaba a través dunha moción, que o Concello de O Porriño se persoase en defensa dos asistentes ao Negrita Festival, de xeito que se crease un punto de información de dereitos aos asistentes e tramitación da reclamación do importe dos vasos, dos reaccesos ou da devolución de comisións á hora de recuperar o diñeiro cargado nas pulseiras cashless; sendo esta última anulada ao anunciar o festival que a devolución sería a coste cero, casualidade ou non, xusto depois de rexistrar os socialistas esta moción.

Tamén demandamos que se inicien os correspondentes trámites de sanción administrativa, polo incumprimiento da normativa vixente, como parte contratante; así coma que en futuras edicións, sexa comprobado polo miúdo, o cumprimento da legalidade en todo o que confire ao consumidor, condicionando ao Concello de O Porriño a súa colaboración co festival en futuras edicións, á solución das irregularidades plantexadas.

Desafortunadamente, o portavoz do Partido Popular, Carlos Martínez, comezou a ler as aclaracións aportadas pola empresa promotora do Negrita Festival, UNV Talents S.L.U., das que non deron conta á oposición nas comisións informativas ate o Pleno, nas que se excusaron con mentiras adornadas que, dende logo, teñen as patas ven curtas.

É unha mágoa que o equipo de goberno lle vire a espalda deste xeito aos asistentes, que pagaron sobrecustos ao marxe da Lei vixente, e agora, non se sintan respaldados á hora de velar polos seus intereses. ¿Cál é a imaxe que queda do noso Concello se consentimos que a empresa organizadora do Negrita Festival incurra ano tras ano en irregularidades?.

A concelleira socialista, Sthela Mª Táboas, indicou que “o certo é que este posicionamento a prol da empresa organizadora do evento, atende máis ao respaldo dun dos membros de lista do PP inmerso no Negrita Festival. É lamentable que o Concello do Porriño deixe de lado aos consumidores deste xeito, facilitando un enriquecemento inxusto da promotora co cobro indebido de reaccesos, 10 € por entrar e sair; pero tamén o depósito de 2 € por vaso sen posibilidade recuperación destes cartos. Con esta condición os locais hostaleiros tamén notaron diferenzas en canto a ingresos, con respecto á edición anterior”.  

Coa negativa do PP a adoptar as medidas propostas polo PSdeG-PSOE, estase a estudar a posible denuncia das infraccións administrativas correspondentes, así como a reclamación das cantidades indebidamente cobradas aos asistentes do Festival Negrita.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad