Redacción 01/08/2023

As bonificacións presentadas no ICIO non son precisas ao ter o tipo de gravamen máis baixo da contorna; e no IAE o PP vai bonificar a empresarios en condición de que cumplan nin o plan de igualdade nin os de inclusión social

 Ademáis os socialistas non están conformes co elevado gasto de diñeiro público para distintos proxectos, sin xestionar financiación ou subvencións

Na mañá de onte celebrábase o Pleno Ordinario correspondente ao mes de xullo, no que os concelleiros socialistas abstivéronse tras solicitar melloras sociais nas ordenanzas que, ante a falla de información solicitaron quedasen enriba da mesa, logo de enunciar o PSdeG as súas alegacións correspondentes a condicións que melloren o reparto de bonificacións no tocante ao IAE e ao ICIO.

Deste xeito, no exposto polo PP no referido ao Imposto de Actividades Económicas –IAE-,nos termos para as bonificacións non se esixe aos empresarios a contratación de persoal con discapacidade ou colectivos de difícil inserción, como poden ser os menores de 26 anos ou desempregados de longa duración.

Por outra banda, o Imposto de Construcción Inmobles e Obras –ICIO- do Concello do Porriño ten o gravamen mái baixo da contorna a un 2,2 %; polo que as bonificacións propostas mermarían os ingresos municipais e tampouco se teñen en conta os ingresos dos solicitantes, considerando o voceiro socialista, David Alonso, que existe “unha falla de progresividade xa que non se lle pode aplicar a mesma bonificación a unha persoa cuns ingresos de 12.000 € anuais, que a outra con 60.000 €; amosando unha vez máis que as políticas fiscais de Alejandro Lorenzo benefician a quen máis ten”.

Tamén se levou ao Pleno o recoñecemento dun crédito extraordinario do remanente de Tesourería por importe de 1.082.470,30 €, no que se inclúe a compra de terreos na contorna do río Louro por 455.000 €, proxectos de saneamento por 454.000 €, proxectos e anteproxectos por 184.000 €, ou preto de 40.000 € en bancos de pedra no casco urbano.

Neste último concepto a concelleira socialista, Sthela Táboas, recriminou ao alcalde este elevado gasto en 30 unidades xa que “con esta partida poderíanse poñer bancos en todas as parroquias do Porriño e non só no centro urban”. Este dato “pon de manifesto a nefasta xestión de Alejandro Lorenzo, que so gasta das arcas municipais en lugar de buscar financiación ou subvencións de fondos europeos”.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad