Sabela Landín 28/04/2023

Tivo lugar o pasado xoves 27 de 11:00 a 13:00 e de 17:00 a 19:00 horas

A sección sindical da CIG no Centro Tecnolóxico da Automoción de Galiza (CTAG) convocou unha xornada de folga parcial para o xoves 27 en demanda de salarios dignos e de categorías laborais xustas. Os paros desenvolveranse de 11:00 a 13:00 na quenda de mañá e de 17:00 a 19:00 horas na de tarde, ao tempo que se desenvolverá unha concentración diante da empresa durante o paro da mañá.

Esta xornada de folga é unha continuación das mobilizacións en defensa dunhas condicións laborais dignas, reclamando a implantación dun sistema de clasificación e promoción profesional que se axuste á realidade do traballo que desenvolve o persoal do CTAG. E tamén para rexeitar ao acordo asinado polo resto do comité de empresa, que non contempla ningunha medida neste aspecto.

Coincidindo co paro da mañá tivo lugar tamén unha concentración de 11:00 a 13:00 horas diante das instalacións da empresa no Porriño, situadas no polígono industrial da Granxa.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad