Está integrada por máis de 2 mil títulos e 500 dvd’s, xunto ás súas coleccións de carteis ou de libros de “A illa do tesouro”
Onte xoves, 27 de abril, ás 19.15 h tivo lugar na Biblioteca Municipal de Tui a sinatura do acordo de doazón da biblioteca de cine e doutras coleccións de Daniel Domínguez Pérez, o guionista tudense falecido no ano 2020, ao concello de Tui. O acto contou coa presenza do alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, e da viúva de Daniel Domínguez, María de los Ángeles García Domínguez.
Deste xeito a Biblioteca Municipal de Tui pasará a contar cunha sección especial integrada por preto de 2 mil obras especializadas en cine e con máis de 500 filmes en DVD.
En concreto a doazón realizada abrangue máis de 2 mil títulos con toda a colección de libros de cine, arte e fotografía de Daniel Domínguez. Tamén se recollen todas as súas coleccións de revistas de cine, de películas en DVD con máis de 500 títulos, e de carteis de cinema orixinais. Inclúese amais outros obxectos coma a colección de edicións de “A illa do tesouro” en distintos formatos e idiomas, e outros libros moi significativos na súa obra coma Moby Dick, ou a biografía Walter Benjamin, ou Fernando Pessoa, xunto a recortes, fotos, debuxos e obxectos de decoración.
Grazas a esta doazón a Biblioteca Municipal de Tui pasa a contar unha das mellores bibliotecas especializadas en cinema de Galicia, que enriquecerá substancialmente a súa oferta de material audiovisual. A partir desta entrega a Biblioteca tudense comezará o labor de catalogación desta ampla colección de obras para poñela a disposición dos interesados no máis breve prazo de tempo posible.
O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, agradeceu esta decisión da familia de Daniel Domínguez, que expresa a súa cercanía á nosa cidade e os seus veciños.Daniel Domínguez Pérez (Tui, 1955 – Corrubedo, 2020) foi guionista cunha longa traxectoria. Foi un dos autores de series de televisión e películas como Mareas Vivas, As leis de Celavella, Pai Casares, Miña sogra máis eu, A vida por diante e Branca Madison,